martes, 23 de marzo de 2021

 ENCONTROS VIRTUAIS PARA COÑECER A USC


Durante os días 23, 24 e 25 de marzo a Universidade de Santiago de Compostela ofrece encontros virtuais dirixidos ao alumnado que queira coñecer as súas titulacións.
A través dos encontros o alumnado poderá visitar virtualmente os Campus de Lugo e Santiago, interactuar por videoconferencia cos responsables da titutlación e aclarar as súas dúbidas.
Os horarios son moi variados, así que podes elixir as videoconferencias nas que desexes participar no horario que máis che conveña. Non é necesario inscribirse, tan so é necesario conectarse na hora indicada para participar.

O acceso aos encontros está dispoñible no seguinte enlace:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais




lunes, 22 de marzo de 2021

COÑECEMOS A ETAPA EDUCATIVA DA ESO 


Se estás finalizando 6º de Educación Primaria e para o próximo curso vas iniciar a secundaria no IES As Mariñas, aquí che deixo unha presentación que che facilitará toda a información necesaria para afrontar con éxito o inicio do curso.  Nalgunhas diapositivas a presentación é interactiva, localiza os iconos e pincha sobre eles para obter máis información.


 
Aquí che deixo un vídeo da explicación da presentación.


Esperámoste!!! 

 Vémonos en 1º!!!

lunes, 1 de marzo de 2021

 SOLICITUDE DE PRAZA NO BACHARELATO

Se estás finalizando 4º curso de ESO e para o próximo ano académico queres cursar bacharelato nun centro distinto do teu actual, debes reservar a túa praza do 1 ao 20 de marzo no centro elixido en primeira opción.

Na presentación que che deixo a continuación podes ver a oferta formativa do noso instituto: as modalidades de bacharelato e materias, os ciclos formativos básicos e de grao medio e superior e a educación de adultos. Nalgunha das diapositivas a presentación é interactiva, pincha nos diferentes iconos para máis información sobre as materias de bacharelato por exemplo.




Aquí che deixo un vídeo da explicación da presentación:


Anímate a seguir formándote no noso instituto, porque no IES As Mariñas ... 

TEMOS O TEU FUTURO

  PROBAS ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2024