sábado, 19 de marzo de 2022

 USO DAS MÁSCARAS NO INSTITUTO AO AIRE LIBRE

Pouco a pouco imos vendo a luz. A incidencia da Covid 19 vai remitindo e  o subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión desta pandemia acordou nunha xuntanza do día 17 deste mes deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. Agora é posible que afloren sentimentos de vergoña ao despoxarnos delas. Con este genially de Noemí Sánchez Delgado podemos traballalo.


martes, 15 de marzo de 2022

 PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Este curso hai cambios na avaliación. Comparto unha infografía elaborada por Mónica Diz Besada onde se resume como vai ser a avaliación na ESO segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022



lunes, 7 de marzo de 2022

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2022

Ata o día 16 de marzo está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio. Un 10% das prazas de cada ciclo formativo resérvanse para persoas que acceden con esta proba superada. 

Para máis información pincha sobre a imaxe e se necesitas algunha aclaración podes acudir ao Departamento de Orientación.

  PROBAS ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2024