miércoles, 24 de junio de 2020

ORIENTACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL

Se para a túa formación elixiche o camiño da Formación Profesional debes saber que estas ensinanzas permiten que, pasiño a pasiño, vaias avanzando dun ciclo a outro ata chegar á Universidade. 

Debes saber que:

- Para poder acceder a un Ciclo Básico tes que reunir unha serie de requisitos. É necesario que os teus profesores fagan constar a recomendación no Consello Orientador.

- Nos Ciclos Medios e nos Ciclos Superiores resérvanse un 20% das prazas para alumnado que cursou un Ciclo Básico ou un Ciclo Medio segundo o caso.

- Se accedes ao Ciclo Medio dende a FP Básica terás preferencia se se trata dunha familia profesional afín.

- Se accedes ao Ciclo Superior dende Ciclo Medio terás preferencia se os ciclos son da mesma familia profesional.

- Co título de Técnico Superior podes acceder directamente á Universidade. A nota de acceso á Universidade é a nota acadada no ciclo. Se queres mellorar a túa nota de Admisión podes presentarte á parte voluntaria da ABAU.

Busca nesta infografía interactiva esta e outra información sobre estas ensinanzas.

O día 25 de xuño iníciase o proceso de admisión a ciclos de Formación Profesional e FP Dual en Galicia para o curso 2020/2021. No enlace seguinte podes consultar o calendario de admisión así como información sobre o proceso:

Admisión 2020/2021

viernes, 19 de junio de 2020

CONVOCADAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA  FCT 2020

Se estás finalizando un Ciclo Básico, Medio ou Superior e vas rematar o período de Formación Práctica en Centros de Traballo (FCT) antes do 31 de decembro de 2020 podes solicitar esta axuda.

Dous prazos:

Primeiro prazo: ata o 10 de xullo para o alumnado que realizou a FCT nos períodos de outubro 2019 a marzo 2020 e nos períodos de xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril xuño 2020.

Segundo prazo: do 14 de outubro ao 14 de novembro para o alumnado que realice a FCT entre setembro e decembro 2020.

Documentación:

- Solicitude normalizada segundo o Anexo I da Orde 2 de xuño de 2020

- Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT segundo o Anexo II da Orde 2 de xuño de 2020.

- Fotocopia do DNI no caso de non dar consentimento para a comprobación de datos.

Enlace á Orde 2 de xuño de 2020.

 

miércoles, 17 de junio de 2020

EDUCACIÓN DE ADULTOS NO IES AS MARIÑAS

Se queres coñecer como se organizan as ensinanzas de adultos ou xa as estás cursando e queres saber onde podes continuar estudando despois, nesta infografía interactiva podes informarte. Pincha en ESA (Educación Secundaria de Adultos) ou no Bacharelato, segundo sexa o teu caso, e descubrirás toda a información sobre estes estudos e as saídas académicas unha vez que remates.

Recorda que si necesitas máis información sobre estes estudos podes poñerte en contacto co Departamento de Orientación. 

orientacion.iesasmarinas@gmail.com

viernes, 12 de junio de 2020

EDUCACIÓN CONVOCA PRAZAS DE RESIDENCIA PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2020/2021


A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes de A Coruña, Vigo e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021.

Os Centros Residenciais Docentes son Residencias para estudantes que cursan estudos postobrigatorios non universitarios (estudantes de Bacharelato, de Formación Profesional, de Ensinanzas Especiais,...) e de quedar prazas vacantes tamén admitirían a alumnado universitario.

Así que, si estás interesado en cursar uns estudos que están lonxe da túa casa, esta é unha boa oportunidade para solucionar o problema de residencia e facer o teu soño realidade. Tes a posibilidade de conseguir unha praza gratuita ou bonificada en función da renda familiar.


Aquí che deixo a información sobre o acceso a estes centros:


miércoles, 10 de junio de 2020

OFERTA FORMATIVA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA: UN MUNDO DE OPORTUNIDADES

O pasado mes de abril a Universidade da Coruña organizou unhas xornadas de portas abertas virtuais para dar a coñecer a universidade por dentro, as titulacións que nela se imparten e os servizos que se ofertan.
Se non puideche participar nestas xornadas e queres coñecer máis a fondo esta universidade, aquí che deixo un enlace á información  de contacto, acceso e admisión, orientación dos Graos, Graos abertos e Programas de Simultaneidade. As titulacións aparecen agrupadas por ramas de coñecemento. Localiza o grao que che interesa e terás acceso a :
  • videoconferencias
  • vídeos dos centros universitarios
  • vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumnado xa titulado e 
  • vídeos da vida universitaria.

A UDC NUN CLIC!!!! 

(fai clic na imaxe)
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/

lunes, 8 de junio de 2020

ABAU E ACCESO Á UNIVERSIDADE

Se acabas de acadar o título de Bacharelato ou estás a punto de finalizar un ciclo de Grao Superior e estás interesado en continuar os teus estudos na Universidade, na seguinte presentación podes atopar toda a información sobre a ABAU e o acceso á Universidade.

Se necesitas máis información sobre esta nova etapa educativa consulta a seguinte infografía interactiva.

Non te quedes con ningunha dúbida!!! No Departamento de Orientación estamos á túa disposición. Escríbenos.

orientacion.iesasmarinas@gmail.com

lunes, 1 de junio de 2020

ORIENTACIÓN 2º DE BACHARELATO

Estás a punto de rematar unha etapa. O final de curso está moi próximo e aínda que non ten nada que ver co que tiñamos ideado, si que vai ser un pouco máis especial e diferente que o de cursos anteriores.

Agora chega tamén o momento de empezar a pensar no que vas facer co teu futuro. Tanto o profesorado coma eu estamos á túa disposición para asesorarte e orientarte pero é hora de que ti empeces a pensar no que realmente che gusta e no que b@. Pensa que vas dedicar unha gran parte da túa vida a iso.

 Para reflexionar déixoche este vídeo publicado por Adecco titulado " Tu propósito".



E ti, parache a pensar  que queres facer coa túa vida?

Antes de tomar unha decisión, déixoche unha infografía interactiva para que poidas investigar sobre as distintas saídas que tes despois de rematar  2º de bacharelato. 

Pincha nas interrogacións para acceder á información.



 

Pensa que as eleccións que fagas son fundamentais para o teu futuro académico. 

Esta é unha decisión que tes que tomar ti.

 ¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame. 

orientacion.iesasmarinas@gmail.com

 sdanslagoa@edu.xunta.es 

 

ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO

Este final de curso, ainda que está sendo un pouco diferente e peculiar, terás que empezar a tomar decisións importantes que afectan ao teu futuro académico. Nesta entrada vouche dar a coñecer todas as materias que se ofertan para o próximo curso. Segue os seguintes pasos:

1º PASO

Investiga e visualiza que posibilidades tes:

🔶🔷Si aprobas todo ou suspendes, pero o equipo de profesores considera que estás en condicións de poder pasar de curso, mira o seguinte vídeo para coñecer a oferta de materias que hai en 2ºcurso de bacharelato.


 

A continuación deixoche información sobre os contidos das materias ofertadas no bacharelato e que poden ser descoñecidas para ti. 

Pulsa no post-it.

Antes de decidir, coñece un pouco máis as opcións que tes unha vez que remates o bacharelato. Pincha sobre as interrogacións para acceder á información.

 

 

🔶🔷 Si os teus resultados son malos, tes dúas opcións: 

Podes repetir curso no réxime ordinaro ou, se tes 18 anos ou estás próximo a cumprilos, no réxime de adultos. No réxime de adultos tes a ventaxa de que che manteñen as materias aprobadas. 

Pero si ves que te equivocache de opción e que o bacharelato non é o teu, podes matricularte nun Ciclo Formativo de Grao Medio ou intentalo na proba de acceso a Ciclos de Grao Superior.

2º PASO

Reflexiona sobre os teus gustos, intereses, sobre o que se che da ben, ... Pensa a onde queres chegar e toma o camiño que che leve á túa meta. 

Pensa que as eleccións que fagas son funtamentais para o teu futuro académico. Esta é unha decisión que tes que tomar ti.

 ¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame. 

orientacion.iesasmarinas@gmail.com

sdanslagoa@edu.xunta.es 

Para axudarche a reflexionar deixoche este corto titulado "El camino del éxito".

 

3º PASO

Por último, no Departamento de Orientación queremos coñecer a túa elección. Fai clic na imaxe para acceder a un cuestionario. 

https://docs.google.com/forms/d/1yRJcRc77PVB8eGkqwie51Uir61jvkk-RjBQYBEaEgPg/edit

 

    QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...