jueves, 25 de febrero de 2021

 CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR






A Consellería de Educación convoca probas de accesoaos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional na Orde de 21 de xaneiro de 2021.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN:

Ciclos medios:entre o 15 e o 26 de marzo, ambos os dous incluídos

 

Ciclos superiores:entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo , ambos os dous incluídos

REQUISITOS DE INCRIPCIÓN:

Ciclos medios:Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo e cumprir 17 anos ou máis no 2021

Ciclos superiores:Non cumprir os requisitos académicos de acceso directo e cumprir 19 anos ou máis no 2021

Consultar posibles exencións e convalidacións na Orde de 21 de xaneiro de 2021

SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN:

As persoas solicitantes poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do. Esta aplicación xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique nesa instancia.

 

DATAS E HORARIOS DA PROBA:

Ciclos de Grao Medio: terán lugar o día 27 de maio de 2021 no horario que se indica:

o   9:00h : Presentación

o   De 09:30 ás 13:00h: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (Lingua castelá, Lingua galega e Ciencias sociais)

o   De 16:00 ás 18 horas: parte científico- técnica (Ciencias da natureza e Tecnoloxía)

Ciclos de Grao Superior: terán lugar o día 15 de abril de 2021 no horario que se indica:

o   9:00h: Presentación

o   Das 09:30 ás 13:00h: Parte común (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá)

o   Das 16:00 ás 18:30h: Parte específica (dúas materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII)

§  Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.

§  Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía Industrial e Física

§  Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.

 

NOTA: O día da proba é necesario levar o DNI e a copia da folla da solicitude de inscrición.

ANEXO VII

 

Familias profesionais e ciclos formativos a que se pode acceder
segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos
de grao superior

Proba de acceso superada

Familias profesionais e ciclos formativos a que dá acceso

Opción A

Administración e Xestión.

Comercio e Márketing.

Hostalaría e Turismo.

ServizosSocioculturais e á Comunidade.

Ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (da familia profesional de Imaxe e Son).

Opción B

Artes Gráficas.

Edificación e Obra Civil.

Electricidade e Electrónica.

Enerxía e Auga.

Fabricación Mecánica.

Industrias Extractivas.

Informática e Comunicacións.

Instalación e Mantemento.

Imaxe e Son (agás o ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos).

Madeira, Moble e Cortiza.

Marítimo-pesqueira (agás o ciclo superior de Acuicultura).

Transporte e Mantemento de Vehículos.

Téxtil, Confección e Pel.

Vidro e Cerámica.

Opción C

Agraria.

Actividades Físicas e Deportivas.

ImaxePersoal.

Industrias Alimentarias.

Ciclo superior de Acuicultura (da familia profesional Marítimo-Pesqueira).

Química.

Seguridade e Ambiente.

Sanidade.

 

Para máis información podes acudir ao Departamento de Orientación

  PROBAS ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2024