miércoles, 29 de abril de 2020

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA FCT


O día 23 de abril de 2020 a Consellería publicou a Resolución  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

A continuación podes ver un resumo dos contidos desta resolución que consideramos máis salientables para os estudos de Formación Profesional do noso instituto.


 O alumnado no marco do programa de mobilidade Erasmus + ou de calquera outra mobilidade, poderá acollerse a algunhas das alternativas expostas tanto dentro como fóra do territorio españo.

Avaliación:
CS: Proxecto de 1 a 10, FCT :apto/a ou non apto/a
CM e FPB: apto/a ou non apto/a



XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS

ETG RACING 

A Escola de Mecánica de Competición ETG Racing organiza unha xornada de portas abertas virtual o próximo xoves 7 de maio ás 17:15h. Se queres coñecer a súa oferta formativa podes inscribirte facendo clic na imaxe ou ben entrando na súa páxina web : WWW.ESCOLATECNICAGIRONA.COM

http://escolatecnicagirona.com/es/etg-racing/contactar.html



viernes, 24 de abril de 2020

DO BACHARELATO AO CICLO SUPERIOR


Se unha vez que remates o bacharelato estás interesado en continuar estudando un ciclo formativo de Grao Superior aquí podes consultar como é o proceso de admisión, a que ciclos tes preferencia coa túa modalidade de bacharelato, a oferta de ciclos que temos en Galicia, vídeos explicativos sobre cada ciclo, que saídas ten,  que título se obtén, cando solicitar praza, ... Preme nos diferentes apartados para obter a información.

Esta entrada irase actualizando cando se publique a información da convocatoria 2020-2021.


miércoles, 22 de abril de 2020

A UDC NUN CLIC!!!!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA


Debido á situación que estamos a vivir non vai ser posible visitar a Universidade da Coruña tal como tiñamos programado pero, a Universidade ofrece unhas xornadas de portas abertas virtuais onde a poderás coñecer por dentro, descubrir os servizos e unidades que che van facer máis fácil a vida universitaria e, o máis importante, interactuar cos responsables das diferentes titulacións.

As xornadas celebraranse o xoves 23 e o venres 24 de abril.

Para poder ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ámbitos de coñecemento os 41 Graos, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que se ofertan o seguinte curso 2020-2021, accede á seguinte ligazón:


E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Disporás de:
- Vídeo conferencia en directo de cada titulación.
- Vídeos de centros universitarios.
- Vídeos con testemuños de alumnado matriculado e alumnado titulado.
- Posto de información xeral.
- Posto para facer consultas sobre Acceso e Admisión na Universidade.
- Obradoiros e retos en vivo con premios para quen os consiga superar.

Achégate!




martes, 21 de abril de 2020

MIRA, TE CUENTO ...


Non deixes que a cuarentena arruíne os teus plans  de poder visitar físicamente aquelas universidades que che interesan e poder decidir que vas estudar nun futuro.

Únete a MIRA, TE CUENTO, el consultorio preuniversitario, unha iniciativa orientada a xuntar estudantes en prácticas da Fundación Universidad-Empresa con estudantes da ABAU coma ti, onde che contarán cómo é a súa carreira e para que sirve e ti poderás preguntar todas ás dúbidas que teñas.

Só necesitas rexistrarte, escoller unha das cinco ramas de coñecemento e conectarte no día e hora indicados para resolver todas as túas dúbidas.

Aquí che deixo o enlace para que poidas consultar todas as webinars dispoñibles:
 (fai clic na imaxe para acceder)

https://www.fue.es/miratecuento/index.asp


miércoles, 8 de abril de 2020

DO BACHARELATO Á UNIVERSIDADE


Aquí poderás atopar toda a información que necesitas se despois do bacharelato queres acceder á universidade.

Esta entrada irase actualizando en canto se publique máis información oficial.


Hecho con Padlet

Se premes na imaxe de abaixo poderás atopar vídeos informativos sobre as diferentes carreiras universitarias. Aínda que algún deles non está eleborado por facultades galegas poden servir para que coñezas que vas aprender no grao e cales son as súas saídas profesionais.
https://padlet.com/barrosseijo/ii0a9jbzjsqr
Recorda que si necesitas algunha aclaración podes poñerte en contacto conmigo no seguinte correo electrónico:
                                   orientacion.iesasmarinas@gmail.com

lunes, 6 de abril de 2020

ENCONTROS VIRTUAIS DA USC


Os días 6, 7 e 8 de Abril a Universidade de Santiago de Compostela ofrece encontros virtuais ao alumnado e familias que queiran coñecer as súas titulacións.
A través destes encontros o alumnado poderá visitar virtualmente os campus de Lugo e Santiago e acceder a:

- Presentacións das diversas titulacións.
- Obradoiros, retos, etc.
- Opinión de alumnado sobre as diferentes titulacións.
- Concursos
- Unha videoconferencia para cada titulación  para que poidas aclarar as túas dúbidas

Toda esta información estará dispoñible na seguinte ligazón:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais


Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta,... na Zona USC.

miércoles, 1 de abril de 2020

AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINADOS


Dende a sección de Psicoloxía Educativa do Colexio oficial de Psicólogos de Galicia facilitan estas pautas para adolescentes coa finalidade de que afrontedes o confinamento partindo dunha actitude positiva e fomentando a vosas fortalezas.

Imagen

PROGRAMA ORIENTA DENDE A TÚA CASA


Agora que non tes que ir ao instituto podes botar unha ollada a este programa para orientarte. Nel atoparás todas as opcións que podes estudar e uns cuestionarios que te axudarán a elixir materias, modalidades, graos, ciclos,...



Recorda que podes facerme todas as preguntas que queiras a través do seguinte correo electrónico

orientacion.iesasmarinas@gmail.com

  PROBAS ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2024