miércoles, 22 de abril de 2020

A UDC NUN CLIC!!!!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA


Debido á situación que estamos a vivir non vai ser posible visitar a Universidade da Coruña tal como tiñamos programado pero, a Universidade ofrece unhas xornadas de portas abertas virtuais onde a poderás coñecer por dentro, descubrir os servizos e unidades que che van facer máis fácil a vida universitaria e, o máis importante, interactuar cos responsables das diferentes titulacións.

As xornadas celebraranse o xoves 23 e o venres 24 de abril.

Para poder ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ámbitos de coñecemento os 41 Graos, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que se ofertan o seguinte curso 2020-2021, accede á seguinte ligazón:


E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Disporás de:
- Vídeo conferencia en directo de cada titulación.
- Vídeos de centros universitarios.
- Vídeos con testemuños de alumnado matriculado e alumnado titulado.
- Posto de información xeral.
- Posto para facer consultas sobre Acceso e Admisión na Universidade.
- Obradoiros e retos en vivo con premios para quen os consiga superar.

Achégate!




No hay comentarios:

Publicar un comentario