miércoles, 14 de abril de 2021

 ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO

Aproxímase o fin de curso para o alumnado de 2º de bacharelato e con el o momento de empezar a pensar que facer co teu futuro.

Pronto vas ter que tomar unha decisión pero antes necesitas ter toda a información. A continuación deixoche unha infografía interactiva onde poderás investigar sobre as distintas saídas que tes despois de finalizar este curso.
Pincha nas interrogacións para poder acceder á información.

Pensa que as eleccións que fagas son fundamentais para o teu futuro académico. Para que reflexiones sobre isto deixoche un corto sobre a importancia de tomar decisións.

 E ti, cal dos teus "eu"queres ser? 
A todos nos toca tomar decisións ao longo da nosa vida pero non sempre temos que facelo sos. Así que recorda que tanto o profesorado coma eu estamos á túa disposición para  asesorarte e orientarte.

¡PÉNSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e si tes algunha dúbida pregúntame.

orientacion.iesasmarinas@gmail.com
sdanslagoa@edu.xunta.es


lunes, 5 de abril de 2021

 XORNADAS VIRTUAIS DE PORTAS ABERTAS DA UDC



O vindeiro xoves 8 de abril a Universidade da Coruña celebrará unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.


Manteranse vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá:

  *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  *   Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  *   Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...
  *   Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  *   Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

Anímate a participar nesta xornada!

  PROBAS ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2024