Aproxímase o fin de curso para o alumnado de 2º de bacharelato e con el o momento de empezar a pensar que facer co teu futuro.
Pronto vas ter que tomar unha decisión pero antes necesitas ter toda a información. A continuación deixoche unha infografía interactiva onde poderás investigar sobre as distintas saídas que tes despois de finalizar este curso.
Pincha nas interrogacións para poder acceder á información.
Pensa que as eleccións que fagas son fundamentais para o teu futuro académico. Para que reflexiones sobre isto deixoche un corto sobre a importancia de tomar decisións.
E ti, cal dos teus "eu"queres ser?
A todos nos toca tomar decisións ao longo da nosa vida pero non sempre temos que facelo sos. Así que recorda que tanto o profesorado coma eu estamos á túa disposición para asesorarte e orientarte.
¡PÉNSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e si tes algunha dúbida pregúntame.
No hay comentarios:
Publicar un comentario