CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
A Consellería de Educación convoca probas de accesoaos
ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional na
Orde de 21 de xaneiro de 2021.
PRAZOS DE INSCRIPCIÓN:
Ciclos medios:entre
o 15 e o 26 de marzo, ambos os dous
incluídos
Ciclos superiores:entre
o 18 de febreiro e o 3 de marzo
, ambos os dous incluídos
REQUISITOS DE INCRIPCIÓN:
Ciclos medios:Non cumprir os requisitos académicos de acceso
directo e cumprir 17 anos ou máis no 2021
Ciclos superiores:Non cumprir os requisitos académicos de acceso
directo e cumprir 19 anos ou máis no 2021
Consultar posibles exencións e convalidacións na Orde de 21
de xaneiro de 2021
SOLICITUDE DE
INSCRIPCIÓN:
As persoas solicitantes poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación
informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a
opción dispoñible na páxina https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do. Esta aplicación xera unha instancia para
imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa
documentación que se indique nesa instancia.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:
Ciclos de Grao
Medio: terán lugar o día 27 de maio de 2021 no
horario que se indica:
o 9:00h : Presentación
o De 09:30 ás 13:00h: parte matemática (matemáticas) e
parte sociolingüística (Lingua castelá, Lingua galega e Ciencias sociais)
o De 16:00 ás 18 horas: parte científico- técnica (Ciencias
da natureza e Tecnoloxía)
Ciclos de Grao
Superior: terán lugar o día 15 de abril de 2021 no
horario que se indica:
o 9:00h: Presentación
o Das 09:30 ás 13:00h: Parte común (Matemáticas, Lingua
galega e Lingua castelá)
o Das 16:00 ás 18:30h: Parte específica (dúas materias
específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder,
segundo o anexo VII)
§ Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira
(inglés ou francés) e Filosofía.
§ Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía Industrial e Física
§ Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.
NOTA: O día da proba é necesario levar o DNI e a copia da
folla da solicitude de inscrición.
ANEXO VII
Familias profesionais e
ciclos formativos a que se pode acceder
segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos
de grao superior
Proba de acceso superada |
Familias profesionais e
ciclos formativos a que dá acceso |
Opción
A |
Administración e Xestión. |
Comercio e Márketing. |
|
Hostalaría e Turismo. |
|
ServizosSocioculturais e
á Comunidade. |
|
Ciclo superior de
Produción de Audiovisuais e Espectáculos (da familia profesional
de Imaxe e Son). |
|
Opción
B |
Artes Gráficas. |
Edificación e Obra Civil. |
|
Electricidade e
Electrónica. |
|
Enerxía e Auga. |
|
Fabricación Mecánica. |
|
Industrias Extractivas. |
|
Informática e
Comunicacións. |
|
Instalación e Mantemento. |
|
Imaxe e Son (agás o ciclo
superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos). |
|
Madeira, Moble e Cortiza. |
|
Marítimo-pesqueira (agás
o ciclo superior de Acuicultura). |
|
Transporte e Mantemento
de Vehículos. |
|
Téxtil, Confección e Pel. |
|
Vidro e Cerámica. |
|
Opción
C |
Agraria. |
Actividades Físicas e
Deportivas. |
|
ImaxePersoal. |
|
Industrias Alimentarias. |
|
Ciclo superior de
Acuicultura (da familia profesional Marítimo-Pesqueira). |
|
Química. |
|
Seguridade e Ambiente. |
|
Sanidade. |
Para máis información podes acudir ao Departamento de
Orientación
No hay comentarios:
Publicar un comentario