Este
final
de curso, ainda que está sendo un pouco diferente e peculiar, terás que
empezar a tomar decisións importantes que afectan ao teu futuro
académico. Nesta entrada vouche dar a coñecer todas as materias que se ofertan para o próximo curso. Segue os seguintes pasos:
1º PASO
Investiga e visualiza que posibilidades tes:
🔶🔷Si aprobas todo ou suspendes, pero o equipo de
profesores considera que estás en condicións de poder pasar de curso, mira o
seguinte vídeo para coñecer a oferta de materias que hai en 2ºcurso de bacharelato.
A continuación deixoche información sobre os contidos das materias ofertadas no bacharelato e que poden ser descoñecidas para ti.
Pulsa no post-it.
Antes de decidir, coñece un pouco máis as opcións que tes unha vez que remates o bacharelato. Pincha sobre as interrogacións para acceder á información.
🔶🔷 Si os teus resultados son malos, tes dúas opcións:
Podes repetir curso no réxime ordinaro ou, se tes 18 anos ou estás próximo a cumprilos, no réxime de adultos. No réxime de adultos tes a ventaxa de que che manteñen as materias aprobadas.
Pero si ves que te equivocache de opción e que o bacharelato non é o teu, podes matricularte nun Ciclo Formativo de Grao Medio ou intentalo na proba de acceso a Ciclos de Grao Superior.
2º PASO
Reflexiona sobre os teus gustos, intereses, sobre o que se che da ben, ... Pensa a onde queres chegar e toma o camiño que che leve á túa meta.
Pensa que as eleccións que fagas son funtamentais para o teu futuro académico. Esta é unha decisión que tes que tomar ti.
¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame.
orientacion.iesasmarinas@gmail.com
sdanslagoa@edu.xunta.es
Para axudarche a reflexionar deixoche este corto titulado "El camino del éxito".
3º PASO
Por último, no Departamento de Orientación queremos coñecer a túa elección. Fai clic na imaxe para acceder a un cuestionario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario