lunes, 25 de mayo de 2020

ORIENTACIÓN 4º ESO

Cando cheguei a este instituto, comecei con vós. Xunt@s iniciamos unha nova etapa e agora a vós tócavos  rematala. O final de curso acércase e este, pola situación que estamos vivindo, vai ser difrente ao que esperábamos pero si, un pouco  especial. Toca tomar decisións. Uns continuaredes no noso instituto, outros tomaredes novos camiños pero antes necesito contarvos un pouco máis das opcións que tedes cando finalice este curso.

Unha vez que remates 4º preséntanseche varios itinerarios diferentes pero para poder acceder a eles é necesario que acades o título de Graduado en Educación Secundaria. Só queda o sprint final, así que ánimo e esfórzate para poder aprobar todo en xuño.

E ti, cal prefires? Pincha sobre cada opción e coñece o que che ofrece  cada unha delas:



Se cres que non vas conseguir o título da ESO, non te desanimes. O sistema educativo non deixa a ninguén fóra. Tes diferentes opcións para seguir estudando. Dependendo da túa idade e dos teus intereses podes elixir diferentes camiños.



Agora que xa coñeces todas as posibilidades toca tomar decisións. Visualízate dentro de 20 anos. A onde queres chegar? e toma o camiño que che leve á túa meta.

Tres recomendacións:

1. Pensa en que eres bo e en que o podes ser. Fai unha lista de todo o que se che da ben.

2. Combínao co que che gusta. Pensa que vas dedicar unha gran parte da túa vida a iso.

3.Pensa en que pode ter máis saídas. Aínda que isto, hoxe, pode ser unha tarefa complicada intenta ver que se pode demandar nun futuro  a nivel profesional.

Fai un mix das tres e toma a túa decisión.

 Pensa que as eleccións que fagas son funtamentais para o teu futuro académico.

 ¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame. 

orientacion.iesasmarinas@gmail.com

sdanslagoa@edu.xunta.es 


Para axudarche a reflexionar deixoche este corto de Javier Iriondo, con voz de Pablo Motos, titulado "Donde tus sueños te lleven"

 

Como Will Smith nesta peli "Persegue o teu obxectivo"

Por último, no Departamento de Orientación queremos coñecer a túa elección. Fai clic na imaxe para acceder a un cuestionario.

   
https://docs.google.com/forms/d/1GyJ4nH9qzgiZmkVyNtiEPGk9ICzfmfxqQAA_eJLsBv4/edit





No hay comentarios:

Publicar un comentario

    QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...