miércoles, 24 de junio de 2020

ORIENTACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL

Se para a túa formación elixiche o camiño da Formación Profesional debes saber que estas ensinanzas permiten que, pasiño a pasiño, vaias avanzando dun ciclo a outro ata chegar á Universidade. 

Debes saber que:

- Para poder acceder a un Ciclo Básico tes que reunir unha serie de requisitos. É necesario que os teus profesores fagan constar a recomendación no Consello Orientador.

- Nos Ciclos Medios e nos Ciclos Superiores resérvanse un 20% das prazas para alumnado que cursou un Ciclo Básico ou un Ciclo Medio segundo o caso.

- Se accedes ao Ciclo Medio dende a FP Básica terás preferencia se se trata dunha familia profesional afín.

- Se accedes ao Ciclo Superior dende Ciclo Medio terás preferencia se os ciclos son da mesma familia profesional.

- Co título de Técnico Superior podes acceder directamente á Universidade. A nota de acceso á Universidade é a nota acadada no ciclo. Se queres mellorar a túa nota de Admisión podes presentarte á parte voluntaria da ABAU.

Busca nesta infografía interactiva esta e outra información sobre estas ensinanzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  PROBAS ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2024