martes, 23 de marzo de 2021
lunes, 22 de marzo de 2021
COÑECEMOS A ETAPA EDUCATIVA DA ESO
Se estás finalizando 6º de Educación Primaria e para o próximo curso vas iniciar a secundaria no IES As Mariñas, aquí che deixo unha presentación que che facilitará toda a información necesaria para afrontar con éxito o inicio do curso. Nalgunhas diapositivas a presentación é interactiva, localiza os iconos e pincha sobre eles para obter máis información.
Aquí che deixo un vídeo da explicación da presentación.
Esperámoste!!!
Vémonos en 1º!!!
lunes, 1 de marzo de 2021
SOLICITUDE DE PRAZA NO BACHARELATO
Se estás finalizando 4º curso de ESO e para o próximo ano académico queres cursar bacharelato nun centro distinto do teu actual, debes reservar a túa praza do 1 ao 20 de marzo no centro elixido en primeira opción.
Na presentación que che deixo a continuación podes ver a oferta formativa do noso instituto: as modalidades de bacharelato e materias, os ciclos formativos básicos e de grao medio e superior e a educación de adultos. Nalgunha das diapositivas a presentación é interactiva, pincha nos diferentes iconos para máis información sobre as materias de bacharelato por exemplo.
Anímate a seguir formándote no noso instituto, porque no IES As Mariñas ...
TEMOS O TEU FUTURO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
FORMACIÓN PROFESIONAL
-
QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...
-
ABAU 2024 E ACCESO Á UNIVERSIDADE