sábado, 26 de marzo de 2022

 

PROMOCIÓN E TITULACIÓN NO BACHARELATO

Este curso hai algún cambio á hora de obter o título de bacharelato. Aquí che deixo unha infografía onde se resume como vai ser a avaliación no Bacharelato segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022

sábado, 19 de marzo de 2022

 USO DAS MÁSCARAS NO INSTITUTO AO AIRE LIBRE

Pouco a pouco imos vendo a luz. A incidencia da Covid 19 vai remitindo e  o subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión desta pandemia acordou nunha xuntanza do día 17 deste mes deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. Agora é posible que afloren sentimentos de vergoña ao despoxarnos delas. Con este genially de Noemí Sánchez Delgado podemos traballalo.


martes, 15 de marzo de 2022

 PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Este curso hai cambios na avaliación. Comparto unha infografía elaborada por Mónica Diz Besada onde se resume como vai ser a avaliación na ESO segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022



lunes, 7 de marzo de 2022

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2022

Ata o día 16 de marzo está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio. Un 10% das prazas de cada ciclo formativo resérvanse para persoas que acceden con esta proba superada. 

Para máis información pincha sobre a imaxe e se necesitas algunha aclaración podes acudir ao Departamento de Orientación.

martes, 1 de febrero de 2022

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR 2022

Onte, día 31 de xaneiro, iniciouse o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos formativos de Grao Superior. Un 10% das prazas de cada ciclo formativo resérvanse para persoas que acceden con esta proba superada. 

Para máis información pincha sobre a imaxe e se necesitas algunha aclaración podes acudir ao Departamento de Orientación.


jueves, 27 de enero de 2022

 OFERTA FORMATIVA DO IES AS MARIÑAS

Na presentación que che deixo a continuación podes ver a oferta formativa do noso instituto: as modalidades de bacharelato e materias, os ciclos formativos básicos e de grao medio e superior e a educación de adultos. Nalgunha das diapositivas a presentación é interactiva, pincha nos diferentes iconos para máis información.

Se estás en 4º ESO e queres continuar estudos no bacharelato podes solicitar praza neste instituto nas seguintes datas:

- Alumnado de centros adcritos: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
- Alumnado doutros centros do 1 ao 20de marzo.

Cos cambios introducidos coa nova Lei de Educación a oferta en 1º de bacharelato é posible que sufra modificacións.