Este final de curso está sendo un pouco diferente e peculiar pero agora mesmo é o momento de empezar a pensar nas posibilidades que tes para o próximo curso. Segue os seguintes pasos:
1º PASO
Pensa en ti mesmo, en como te ves, no que che gusta, en que se che
dá ben ou mal, que che gustaría cambiar, como son as túas notas,...
(Corto: "Donde tus sueños te lleven" de Javier Iriondo. Voz de Pablo Motos)
2º PASO
Investiga e visualiza que posibilidades tes:
🔻Si eres repetidor, aprobas todo ou suspendes, pero o equipo de profesores considera que estás en condicións de poder pasar a 3º, mira o seguinte vídeo para coñecer a oferta de materias que hai en 3º curso.
🔻 Si os resultados son malos, podes ter que repetir ou pode ser que o teu profesorado decida que a mellor opción para ti é incorporarte á FP Básica ou a un Programa de Mellora da aprendizaxe e do Rendemento. Coñece en que consiste cada unha destas opcións:
3º PASO
Toma unha decisión.
Pensa que as eleccións que fagas son funtamentais para o teu futuro académico.
¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame.
orientacion.iesasmarinas@edu.xunta.es
sdanslagoa@edu.xunta.es
4º PASO
No Departamento de Orientación queremos coñecer a túa elección. Fai clic na imaxe para acceder ao cuestionario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario