martes, 12 de mayo de 2020

 GRAOS ABERTOS

COÑECE A MELLOR OPCIÓN PARA O ALUMNADO INDECISO



Despois de coñecer hai uns días que o Sistema Universitario de Galicia vai ofertar por primeira vez  o próximo curso 3 graos abertos, é necesario que coñezas un pouco máis en que consiste esta opción.

¿Que son os graos abertos?

Son graos universitarios que permiten cursar durante o primeiro ano académico (60 créditos) ou ano e medio (90 créditos) asignaturas claves de máis dun grao, de forma que o estudante poida facerse unha idea máis realista de en que consiste cada carreira universitaria.
Tras ese tempo de "proba" o estudante debe decantarse por un grao. Deste obterá a titulación ao final do grao universitario.

¿Que ocorre coas materias cursadas nese primeiro ano/ano e medio académico?

Das materias cursadas só se convalidarán aquelas que sexan relevantes para o grao elixido. Os créditos superados, pero non convalidados, serán recoñecidos cun diploma de formación complementaria multidisciplinar si se superan 36 créditos.

¿Qué beneficios ten cursar un grao aberto?

Estes graos ofrécense coa intención de facilitar o acceso universitario e ampliar as posibilidades de elección dos preuniversitarios. Pretenden reducir as tasas de abandono de estudos ao desperdiciar o tempo cambiando de carreira.

¿Cales serán os requisitos para poder acceder aos graos abertos?

Debes reunir os requisitos de acceso de todos os graos participantes. Como referencia a CIUG tomará as notas de corte do curso anterior. A solicitude e matrícula realizarase polo procedemento regular para o resto de graos.

¿Recibirás orientación?

Durante toda a duración do programa terás un titor académico que te asesorará tanto na elección de materias, grupos e horarios como na elección do grao de destino.

¿Cal é a oferta para Galicia?

Fai clic aquí para coñecer a oferta en Galicia.


Fonte: Texto adaptado de Universia España

No hay comentarios:

Publicar un comentario

    QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...