jueves, 7 de mayo de 2020

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/21


Segundo consta na Resolución do 5 de maio de 2020, o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP) acordou establecer novos prazos para o procedemento de admisión e matriculación de alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato nos centros públicos, tras ser estos suspendidos polo estado de alarma decretado polo COVID. Os novos prazos quedan como se mostra no seguinte cadro:

ACTUACIÓNPRAZO
Presentación solicitudes de admisión (alumnado que cambia de centro ou quere iniciar estudos nun centro non adscrito)
Do 11 ó 18 de maio
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo
Ata o 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
Antes do 9 de xuño
Reclamacións contra as listaxes provisionais
Prazo de 3 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
Ata o 26 de xuño
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
Do 1 ó 10 de xullo
Formalización da matrícula ordinaria en ESO e bacharelato
Do 1 ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato
Do 1 ó 10 de setembro


No hay comentarios:

Publicar un comentario

    QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...