miércoles, 6 de mayo de 2020

GRAOS ABERTOS E  NOVOS TITULOS DE GRAO

PARA O CURSO 2020-2021


Ademais das titulacións de cursos anteriores, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o próximo curso os seus tres primeiros graos abertos e 3 novos títulos de grao. A continuación especifícoche esta nova oferta:

GRAOS ABERTOS

Se estás indeciso, non sabes que grao escoller e queres retrasar a túa elección dentro dunha área de coñecemento ou ben o que queres é adquirir formación multidisciplinar nunha rama de coñecemento concreta, a túa mellor opción é cursar un Grao Aberto.
O próximo curso o SUG ofertará 3:
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas. Campus da Coruña. Programa de 90 ECTS no que se ofertan 10 prazas. Neste grao participan:
    • Administración e Dirección de Empresas
    • Economía
    • Empresariais
    • Dereito
    • Turismo
    • Socioloxía
    • Educación Social
  •  Grao Aberto en Enxeñaría Industrial. Campus de Ferrol. Programa de 60 ECTS no que se ofertan 8 prazas. Neste grao participan:
    • Tecnoloxía Industrial
    • Mecánica
    • Eléctrica
    • Electrónica Industrial e Automática
  • Grao Aberto 5USC  Enxeñarías. Campus de Lugo. Programa de 90ECTS no que se ofertan. Neste grao participan:
    • Enxeñaría agrícola e Agroalimentaria
    • Enxeñaría Civil
    • Enxeñaría Forestal
    • Enxeñaría de procesos químicos
    • Robótica
Para poder acceder debes reunir os requisitos de acceso a todos os graos participantes. Tanto a solicitude como a matrícula realizase polo procedemento regular para o resto de Graos.
Estudarías 60/90 créditos (dependendo do Grao Aberto) e despois dun curso ou curso e medio debes seleccionar o grao de destino.

NOVOS TÍTULOS DE GRAO
  • Grao en EMPRESA E TECNOLOXÍA . Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Grao en BIOQUÍMICA. Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Grao en NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA. Campus da Coruña. Universidade da Coruña. 
MÁIS SIMULTANEIDADE DE GRAOS
  • ADE e ENXEÑARÍA INFORMÁTICA. Campus de Ourense.
  • ENXEÑARÍA BIOMÉDICA e  ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA. Campus de Vigo.
  • ENXEÑARÍA BIOMÉDICA e ENXEÑARÍA MECÁNICA. Campus de Vigo.
  • ENXEÑARÍA MECÁNICA E ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA. Campus de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

    QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...