martes, 5 de mayo de 2020

TELE- ESTUDAR CON ÉXITO EN TEMPOS DE CORONAVIRUS


Xa levamos un tempo confinados e, pouco a pouco, nos adaptamos a esta nova situación. Dende o Departamento de Orientación somos conscientes de que esta maneira de formarte é un desafío para todos, tanto para o profesorado que  dun día para outro tivo que adaptarse a esta nova forma de dar clase, como para vós pois a autoaprendizaxe require maior autodisciplina, organización, planificación do tempo e autonomía. Ademais  a formación online supón todo un reto pois moitos de vós non tiñades formación neste sentido.

Dende o DO queremos axudarche a aproveitar este tempo de forma eficaz. Para isto, agora que xa queda pouco para que remate o curso, animámoste a seguir estes consellos para que te xestiones mellor no estudo a distancia.



Ademais, se te animas a sacarlle máis rendemento ao teu tempo de estudo aquí che deixo varios programas interactivos para que poidas aprender a estudar. Encontrarás técnicas para mellorar a memoria, a concetración e a motivación, aprenderás a preparar exames, elaborar traballos e realizar exposicións orais. Hai cuestionarios e test. Aprenderás a través de actividades que che resultarán atractivas e entretidas.
Anímate e escolle un deles!!!!

Aprender a estudiar - Raúl Martínez

http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

Técnicas de estudio- Junta de Extremadura

http://contenidos.educarex.es/mci/2004/11/testinicio/indextestestudio.html
Aprender mejor- MECD (Dirixido a estudantes a partir de secundaria)

https://sites.google.com/view/aprender-mejor

No hay comentarios:

Publicar un comentario

    QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...