CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
A Consellería de Educación convoca probas de accesoaos
ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional na
Orde de 21 de xaneiro de 2021.
PRAZOS DE INSCRIPCIÓN:
Ciclos medios:entre
o 15 e o 26 de marzo, ambos os dous
incluídos
Ciclos superiores:entre
o 18 de febreiro e o 3 de marzo
, ambos os dous incluídos
REQUISITOS DE INCRIPCIÓN:
Ciclos medios:Non cumprir os requisitos académicos de acceso
directo e cumprir 17 anos ou máis no 2021
Ciclos superiores:Non cumprir os requisitos académicos de acceso
directo e cumprir 19 anos ou máis no 2021
Consultar posibles exencións e convalidacións na Orde de 21
de xaneiro de 2021
SOLICITUDE DE
INSCRIPCIÓN:
As persoas solicitantes poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación
informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a
opción dispoñible na páxina https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do. Esta aplicación xera unha instancia para
imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa
documentación que se indique nesa instancia.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:
Ciclos de Grao
Medio: terán lugar o día 27 de maio de 2021 no
horario que se indica:
o   9:00h : Presentación
o   De 09:30 ás 13:00h: parte matemática (matemáticas) e
parte sociolingüística (Lingua castelá, Lingua galega e Ciencias sociais)
o   De 16:00 ás 18 horas: parte científico- técnica (Ciencias
da natureza e Tecnoloxía)
Ciclos de Grao
Superior: terán lugar o día 15 de abril de 2021 no
horario que se indica:
o   9:00h: Presentación
o   Das 09:30 ás 13:00h: Parte común (Matemáticas, Lingua
galega e Lingua castelá)
o   Das 16:00 ás 18:30h: Parte específica (dúas materias
específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder,
segundo o anexo VII)
§  Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira
(inglés ou francés) e Filosofía.
§  Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía Industrial e Física
§  Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.
NOTA: O día da proba é necesario levar o DNI e a copia da
folla da solicitude de inscrición.
ANEXO VII
Familias profesionais e
ciclos formativos a que se pode acceder
segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos
de grao superior
| Proba de acceso superada | Familias profesionais e
  ciclos formativos a que dá acceso | 
| Opción
  A | Administración e Xestión. | 
| Comercio e Márketing. | |
| Hostalaría e Turismo. | |
| ServizosSocioculturais e
  á Comunidade. | |
| Ciclo superior de
  Produción de Audiovisuais e Espectáculos (da familia profesional
  de Imaxe e Son). | |
| Opción
  B | Artes Gráficas. | 
| Edificación e Obra Civil. | |
| Electricidade e
  Electrónica. | |
| Enerxía e Auga. | |
| Fabricación Mecánica. | |
| Industrias Extractivas. | |
| Informática e
  Comunicacións. | |
| Instalación e Mantemento. | |
| Imaxe e Son (agás o ciclo
  superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos). | |
| Madeira, Moble e Cortiza. | |
| Marítimo-pesqueira (agás
  o ciclo superior de Acuicultura). | |
| Transporte e Mantemento
  de Vehículos. | |
| Téxtil, Confección e Pel. | |
| Vidro e Cerámica. | |
| Opción
  C | Agraria. | 
| Actividades Físicas e
  Deportivas. | |
| ImaxePersoal. | |
| Industrias Alimentarias. | |
| Ciclo superior de
  Acuicultura (da familia profesional Marítimo-Pesqueira). | |
| Química. | |
| Seguridade e Ambiente. | |
| Sanidade. | 
Para máis información podes acudir ao Departamento de
Orientación 

