lunes, 25 de mayo de 2020
miércoles, 20 de mayo de 2020
ORIENTACIÓN 3º ESO
Este final de curso, ainda que está sendo un pouco diferente e peculiar, terás que empezar a tomar decisións importantes que afectan ao teu futuro académico. Nesta entrada vouche dar a coñecer todas as posibilidades que tes para o próximo curso. Segue os seguintes pasos:
1º PASO
SE FOSES UN SUPERHEROE, CAL SERÍA O TEU SUPERPODER?
Pensa en ti mesmo, en como te ves, no que che gusta, en que se che dá ben ou mal, que che gustaría cambiar, como son as túas notas,... Para axudarche a reflexionar sobre ti mesmo e o teu futuro, e así poder tomar unhas decisións acertadas recoméndoche ver este vídeo de Elsa Punset titulado "Cual es tu superpoder?". Para descubrir este superpoder Elsa propón seguir a proposta de Ken Robinson e elaborar o TABOLEIRO DOS NOSOS SOÑOS. Anímote a que sigas os seus pasos e diseñes un taboleiro para colocar na túa habitación.
2º PASO
Agora investiga e visualiza que posibilidades tes:
🔶🔷Si eres repetidor, aprobas todo ou suspendes, pero o equipo de profesores considera que estás en condicións de poder pasar a 4º, mira o seguinte vídeo para coñecer a oferta de materias que hai en 4º curso.
A continuación deixoche información sobre os contidos das materias ofertadas en 4º que son descoñecidas para ti. Pulsa no +.
🔶🔷 Si os resultados son malos, podes ter que repetir ou pode ser que o teu profesorado decida que a mellor opción para ti é incorporarte á FP Básica ou a un Programa de Mellora da aprendizaxe e do Rendemento. Coñece en que consiste cada unha destas opcións:
3º PASO
Toma unha decisión.
Pensa que as eleccións que fagas son funtamentais para o teu futuro académico.
¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame.
orientacion.iesasmarinas@gmail.com
sdanslagoa@edu.xunta.es
4º PASO
No Departamento de Orientación queremos coñecer a túa elección. Fai clic na imaxe para acceder ao cuestionario.
lunes, 18 de mayo de 2020
ORIENTACIÓN 2º ESO
Este final de curso está sendo un pouco diferente e peculiar pero agora mesmo é o momento de empezar a pensar nas posibilidades que tes para o próximo curso. Segue os seguintes pasos:
1º PASO
Pensa en ti mesmo, en como te ves, no que che gusta, en que se che dá ben ou mal, que che gustaría cambiar, como son as túas notas,...
(Corto: "Donde tus sueños te lleven" de Javier Iriondo. Voz de Pablo Motos)
2º PASO
Investiga e visualiza que posibilidades tes:
🔻Si eres repetidor, aprobas todo ou suspendes, pero o equipo de profesores considera que estás en condicións de poder pasar a 3º, mira o seguinte vídeo para coñecer a oferta de materias que hai en 3º curso.
🔻 Si os resultados son malos, podes ter que repetir ou pode ser que o teu profesorado decida que a mellor opción para ti é incorporarte á FP Básica ou a un Programa de Mellora da aprendizaxe e do Rendemento. Coñece en que consiste cada unha destas opcións:
3º PASO
Toma unha decisión.
Pensa que as eleccións que fagas son funtamentais para o teu futuro académico.
¡PENSAO BEN ANTES DE DECIDIR! e se tes algunha dúbida pregúntame.
orientacion.iesasmarinas@edu.xunta.es
sdanslagoa@edu.xunta.es
4º PASO
No Departamento de Orientación queremos coñecer a túa elección. Fai clic na imaxe para acceder ao cuestionario.
martes, 12 de mayo de 2020
GRAOS ABERTOS
COÑECE A MELLOR OPCIÓN PARA O ALUMNADO INDECISO
Despois de coñecer hai uns días que o Sistema Universitario de Galicia vai ofertar por primeira vez o próximo curso 3 graos abertos, é necesario que coñezas un pouco máis en que consiste esta opción.
¿Que son os graos abertos?
Son graos universitarios que permiten cursar durante o primeiro ano académico (60 créditos) ou ano e medio (90 créditos) asignaturas claves de máis dun grao, de forma que o estudante poida facerse unha idea máis realista de en que consiste cada carreira universitaria.
Tras ese tempo de "proba" o estudante debe decantarse por un grao. Deste obterá a titulación ao final do grao universitario.
¿Que ocorre coas materias cursadas nese primeiro ano/ano e medio académico?
Das materias cursadas só se convalidarán aquelas que sexan relevantes para o grao elixido. Os créditos superados, pero non convalidados, serán recoñecidos cun diploma de formación complementaria multidisciplinar si se superan 36 créditos.
¿Qué beneficios ten cursar un grao aberto?
Estes graos ofrécense coa intención de facilitar o acceso universitario e ampliar as posibilidades de elección dos preuniversitarios. Pretenden reducir as tasas de abandono de estudos ao desperdiciar o tempo cambiando de carreira.
¿Cales serán os requisitos para poder acceder aos graos abertos?
Debes reunir os requisitos de acceso de todos os graos participantes. Como referencia a CIUG tomará as notas de corte do curso anterior. A solicitude e matrícula realizarase polo procedemento regular para o resto de graos.
¿Recibirás orientación?
Durante toda a duración do programa terás un titor académico que te asesorará tanto na elección de materias, grupos e horarios como na elección do grao de destino.
¿Cal é a oferta para Galicia?
Fai clic aquí para coñecer a oferta en Galicia.
Fonte: Texto adaptado de Universia España
jueves, 7 de mayo de 2020
RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/21
Segundo consta na Resolución do 5 de maio de 2020, o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP) acordou establecer novos prazos para o procedemento de admisión e matriculación de alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato nos centros públicos, tras ser estos suspendidos polo estado de alarma decretado polo COVID. Os novos prazos quedan como se mostra no seguinte cadro:
ACTUACIÓN | PRAZO |
Presentación solicitudes de admisión (alumnado que cambia de centro ou quere iniciar estudos nun centro non adscrito)
|
Do 11 ó 18 de maio
|
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo
|
Ata o 26 de maio
|
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
|
Antes do 9 de xuño
|
Reclamacións contra as listaxes provisionais
|
Prazo de 3 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
|
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
|
Ata o 26 de xuño
|
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
|
Do 1 ó 10 de xullo
|
Formalización da matrícula ordinaria en ESO e bacharelato
|
Do 1 ó 10 de xullo
|
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato
|
Do 1 ó 10 de setembro
|
miércoles, 6 de mayo de 2020
GRAOS ABERTOS E NOVOS TITULOS DE GRAO
PARA O CURSO 2020-2021
Ademais das titulacións de cursos anteriores, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o próximo curso os seus tres primeiros graos abertos e 3 novos títulos de grao. A continuación especifícoche esta nova oferta:
GRAOS ABERTOS
Se estás indeciso, non sabes que grao escoller e queres retrasar a túa elección dentro dunha área de coñecemento ou ben o que queres é adquirir formación multidisciplinar nunha rama de coñecemento concreta, a túa mellor opción é cursar un Grao Aberto.
O próximo curso o SUG ofertará 3:- Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas. Campus da Coruña. Programa de 90 ECTS no que se ofertan 10 prazas. Neste grao participan:
- Administración e Dirección de Empresas
- Economía
- Empresariais
- Dereito
- Turismo
- Socioloxía
- Educación Social
- Grao Aberto en Enxeñaría Industrial. Campus de Ferrol. Programa de 60 ECTS no que se ofertan 8 prazas. Neste grao participan:
- Tecnoloxía Industrial
- Mecánica
- Eléctrica
- Electrónica Industrial e Automática
- Grao Aberto 5USC Enxeñarías. Campus de Lugo. Programa de 90ECTS no que se ofertan. Neste grao participan:
- Enxeñaría agrícola e Agroalimentaria
- Enxeñaría Civil
- Enxeñaría Forestal
- Enxeñaría de procesos químicos
- Robótica
Para poder acceder debes reunir os requisitos de acceso a todos os graos participantes. Tanto a solicitude como a matrícula realizase polo procedemento regular para o resto de Graos.
Estudarías 60/90 créditos (dependendo do Grao Aberto) e despois dun curso ou curso e medio debes seleccionar o grao de destino.
NOVOS TÍTULOS DE GRAO
- Grao en EMPRESA E TECNOLOXÍA . Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.
- Grao en BIOQUÍMICA. Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.
- Grao en NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA. Campus da Coruña. Universidade da Coruña.
- ADE e ENXEÑARÍA INFORMÁTICA. Campus de Ourense.
- ENXEÑARÍA BIOMÉDICA e ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA. Campus de Vigo.
- ENXEÑARÍA BIOMÉDICA e ENXEÑARÍA MECÁNICA. Campus de Vigo.
- ENXEÑARÍA MECÁNICA E ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA. Campus de Vigo.
martes, 5 de mayo de 2020
TELE- ESTUDAR CON ÉXITO EN TEMPOS DE CORONAVIRUS
Xa levamos un tempo confinados e, pouco a pouco, nos adaptamos a esta nova situación. Dende o Departamento de Orientación somos conscientes de que esta maneira de formarte é un desafío para todos, tanto para o profesorado que dun día para outro tivo que adaptarse a esta nova forma de dar clase, como para vós pois a autoaprendizaxe require maior autodisciplina, organización, planificación do tempo e autonomía. Ademais a formación online supón todo un reto pois moitos de vós non tiñades formación neste sentido.
Dende o DO queremos axudarche a aproveitar este tempo de forma eficaz. Para isto, agora que xa queda pouco para que remate o curso, animámoste a seguir estes consellos para que te xestiones mellor no estudo a distancia.
Ademais, se te animas a sacarlle máis rendemento ao teu tempo de estudo aquí che deixo varios programas interactivos para que poidas aprender a estudar. Encontrarás técnicas para mellorar a memoria, a concetración e a motivación, aprenderás a preparar exames, elaborar traballos e realizar exposicións orais. Hai cuestionarios e test. Aprenderás a través de actividades que che resultarán atractivas e entretidas.
Anímate e escolle un deles!!!!
Aprender a estudiar - Raúl Martínez
Técnicas de estudio- Junta de Extremadura
Aprender mejor- MECD (Dirixido a estudantes a partir de secundaria)
Anímate e escolle un deles!!!!
Aprender a estudiar - Raúl Martínez
Técnicas de estudio- Junta de Extremadura
Aprender mejor- MECD (Dirixido a estudantes a partir de secundaria)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
FORMACIÓN PROFESIONAL
-
QUE ESTUDAR O PRÓXIMO CURSO? Se estás acabando etapa e non sabes que estudar o próximo curso, para axudarche a decidir deixoche unha rec...
-
ABAU 2024 E ACCESO Á UNIVERSIDADE